martes, 29 de marzo de 2011
Documental sobre "O JAZZ"
lunes, 28 de marzo de 2011
Músicos e grandes voces
Pianista e cantante,perdeu a vista de pequeño e recibiu clases de música en braille pero foi autodidacta no piano.
A súa forma tan peculiar de tocar o piano e as súas cualidades vocais, xunto con unha correcta mestura de músicas de New Orleáns con gospel e blues, conforman o estilo propio de Ray Charles, co cal encandilou ó mundo enteiro,e tivo una vida chea de éxitos musicais.
Miles Davis
Trompetista e compositor de jazz,un dos máis influintes nese xénero xunto con Louis Armstrong e Duke Ellington.
Participa tano no bebop e cool, coma no hardbop e a vangarda jazzística, sobre todo na súa vertente de fusión co rock. O son da súa trompeta é absolutamente característico polo uso de la sordina de aceiro Harmon, que lle proporcionaba un toque máis persoal e íntimo.
Louis Armstrong
Probablemente o músico máis popular do jazz,transformou o jazz de música de baile con raíces folclóricas a unha forma de arte popular.
Comezou como trompetista e cornetista,pero foi a súa voz o que o consagrou como unha figura internacioal jazzística.
Temas como Hello, Dolly alcanzarían o número un en ventas,superando aos Beatles.
Tocou e cantou con grandes artistas,en especial con Ella Fitzgerald.
(Aquí con Ella Fitzgerald)
DUKE ELLINGTON
Compositor,director e pianista de jazz estadounidense,considerado dos máis importantes deste xénero.
En canto ao estilo combina moito o blues co jazz e mesmo con música clásica,con este estilo mantivo no alto as súas bandas durante décadas.
Dise que puido escribir entre 2000 e 5000 pezas.
http://www.youtube.com/watch?v=SDDCzb3dv_
ELLA FITZGERALD
Ella Fitzgerald está consderada por moitos a cantante de Jazz máis importante.
O seu repertorio musical é amplísimo e inclúe blues,swing,bossa nova,calypso,cancións navideñas,pop etc...
Estaba dotada dunha voz cun rango vocal de tres oitavas,destacando a súa clara e precisa vocalización e a súa capacidade de improvisación,sobre todo no scat(técnica que desenrolou nos anos corenta e que anunciaron o nacemento do bop)
BILLIE HOLIDAY
Billie Holiday tamén está considerada por moitos como a voz femenina do jazz máis importante.
O valor artístico de Billie Holiday reside na súa capacidade interpretativa,dominio do swing e adaptación das súas cualidades vocais ó contido da canción.
Billie Holiday transmite a súas cancións unha intensidade inigualable que,en moitos casos,é froito das súas vivencias persoais.
SARAH VAUGHAN
Tamén chamada Sassy ou A Divina está considerada por moitos como unha das voces femeninas máis grandes do jazz xunto a Billie Holiday e Ella Fitzgerald.
A voz de Vaughan caracterízase pola súa tonalidade grave e control do vibrato.
A súa tesitura é similar a dunha cantante de ópera,permitíalle saltar do rexistro grave ó soprano con gran facilidade.
Foi un dos primeiros vocalistas en incorporar o fraseo do be-bop ao seu canto.
As súas capacidades máis destacadas son a inventiva armónica e o seu alto sentido de improvisación.
Ao longo dos anos,a súa voz foise volvendo máis escura,pero nunca chegou a perder o seu poder e a súa flexibilidade.
Foi tamén unha maestra no scat(improvisación vocal do jazz)
Álex Porto
domingo, 16 de enero de 2011
agrupacion de jazz

dos mellores musicos do jazz deberiamos incluir:

Trompeta : B. Bolden, Louis Amstrong, D Gillespie, Miles Davis.
Trombón : J. Teegarden, J. Cleeveland.
Clarinete : Benny Goodman.
Saxo : Charli Parker, Jhon Coltrane, Gerry Mulligan, L. Young.
Vibrafono : Lionel Hampton.
Piano : A. Tatum, D. Wellington , Count Basie, Thelonius Monk, Ray Charles.
Contrabajo : Charli Mingus.
Bateria : Art Blakey, Lionel Hampton.
Guitarra ;: D Reinhardt.
test
http://88.2.0.99/web/departamentos/musica/enlaces/Jazz/instrumentos.htm
instrumentos do jazz
- Ritmicos:
Batería. Empezou moi cedo, pero usabase como instrumento secundario, acompañando ós solistas. Logo se tornou unha das parte máis importante de calqueira formación.
Baixo. Tocado directamente cos dedos. Ás veces, é substituída por unha tuba.
Melodicos:
-Piano. Xa utilizado no ragtime, jazz converteuse no principal instrumento.
-Trompeta. Foi de enorme importancia para os anos 40, cando foi substituído polo saxo. Antes de utilizarse a trompeta empregabase un instrumento parecido a trompeta, a corneta.
-Saxo. Converteuse en moda con Coleman Hawkins e converteuse en solo da revolución de Charlie Parker.
-Banjo. Era o instrumento máis importante da música popular americana. Foi usada ata a década de 20, despois caeu en desuso substituído polo guitarra.
Orixe e Características do Jazz
O jazz é un un tipo de música creada polos negros americanos, ten orixe cando os esclavos africanos foron trasladados a Estados Unidos (século XII) . Estes esclavos foron apartados das suas raíces, e privados de todas as suas tradicions culturales: as diversas etnias foron dispersadas sen piedade, as linguas e os cultos foron tanxentemente prohibidos e os poucos instrumentos que poideron facer a travesía con eles foron confiscados e destruidos. Os negros africanos eran xente con moito ritmo, utilizaban as blues notes(eran alteracións da terceira e da séptima das notas da escala) tanto sentido do ritmo tiñan estas persoas que tocaban ritmos con instrumentos de percusión. Chegouselle a prohibir tocar estes instrumentos por que pensaban que se comunicaban entre eles.
O jazz procede da fusión de elementos de orixe negra (o ritmo) de euro-africanos (melodía) e europeo (Harmonía). Comeza sendo música de baile pero acaba evolucionando. Caracterízase por usar tempos sincopados (é o prolongamento dunha nota que está na parte débil dun compás), a insistencia rítmica e especialmente a improvisación.
Todo tema de jazz consta de 3 partes: Comezase tocando un tema, logo ven una parte de improvisación e remátase outra vez co mismo tema.









sábado, 15 de enero de 2011
Os tríos no jazz polo normal, refírese a un grupo de tres músicos que tocan un o piano (nalgún dos casos outro intrumento melódico como é a guitarra pode substituír o piano), outro o contrabaixo e o outro máis a batería. O pianista é considerado o líder de estos tríos, de ahí que a maioría dos nomes dos grupos teñan o nome do artista que toca o instrumento melódico (piano).
Dentro de agrupacións o cuarteto.
Os cuartetos son moi comúns no jazz. A formación do cuarteto no Jazz está caracterizada por ter un “corno”, que fai referencia por exemplo a un saxofón, trompeta, etc., un instrmento de cordas, que ben pode ser a guitarra eléctrica, o piano, o órgano, etc., un instrumento baixo, por exemplo o contrabaixo ou o baixo eléctrico e por último un kit de batería. Esta configuración pode ser modificada, por exemplo empregando un segundo “corno” no lugar de instrumentos de cordas, ou mediante o uso de dous instrumentos de cordas como o piano ou a guitarra eléctrica.
Aquí un video sobre un cuarteto: The Dave Brubeck Quartet que interpetan o tema Take Five (1961).
BIG BANDS: Fan referencia a un grupo amplo de músicos que tocan conxuntamente, a traducción do termo é orquestra de jazz. Aparece a finais da década de 1920, ainda que a súa etapa de ouro foi o período comprendido entre 1935 e 1950, na era do Swing.
A estrutura das big bands foi evolucionando ao longo do tempo, desde as bandas de dez ou once membros da época inicial do swing, ata as grandes orquestras de máis de vinte músicos dos anos setenta. A característica principal das big bands é a existencia de seccións instrumetais, nalgún dos casos os mismos instrumentos podes aparecer duplicados. Habitualmente compóñense de tres seccións, metais, madeira e ritmo. Nos metais inclúese polo menos tres ou catro tompetas e dous ou máis trombóns. A sección de madeiras adoita estar formada catro ou máis saxofóns, que alternan usualmente con outros instrumentos como clarinete e flauta. A sección rítmica de acompañantes está composta por algunha combinación de piano, guitarra, baixo e batería. Por tanto, un total de entre 12 e 17 membros. Con frecuencia, especialmente na época de ouro do Swing, as bandas adoitaban ter un cantante. A partir dos anos 60, aínda que foi o final da época de ouro das big bands, en parte polas dificultades económicas que supoñía manter formacións de este tamaño, e por outra parte porque o jazz na súa evolución, perdeu o papel de música de baile que tivo nas décadas anteriores, a realidade é que se mantivo o formato de gran banda nos sucesivos estilos do jazz.
