miércoles, 16 de marzo de 2011

A música de China


A tradición musical china remóntase ao ano 3000 a.C., a súa orixe é relixiosa e está ligada ás ceremonias da corte e ao teatro ritual.
En escala básica da música china é unha escala pentatónica, con 5 sons que non están separados por semitonos.
A música tradicional está influida por correntes filosóficas e relixiosas como o confucionismo e otaoísmo. Busca o equilibrio de dous principios: o yin, que representa o feminino e o yang, que representa o masculino; creando cunha proporción adecuada de ambos a armonía (moitos tambores representan o masculino cun son agudo e o feminino cun máis grave).
Esta base espiritual provocou que os chinos resistiran á música dedicada só ao entretemento, como ocurre en moitos casos coa música occidental.
A música acompañaba tradicionalmente formas poéticas cantadas. Os poemas cantados e as súas formas teatrais, moi populares en tódalas rexións, deron lugar á Ópera China: pezas teatrais que sobreviven na actualidade e coñécense co nome do seu lugar de orixe. Destaca a Ópera de Pekín. Esta foi declarada Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola Unesco no 2010.



A ópera consiste en recitativos e arias de cantantes solistas, partes instrumentais, sobre todo con instrumentos de percusión: membranófonos e idiófonos, de corda: laúdes, violíns chinos..., de vento: frautas, órgano de boca... Os instrumentos de corda e vento habitualmente acompañan aounísono aos cantantes. Na actualidade, empréganse orquestas máis grandes que inclúen instrumentos occidentais, e tamén, grandes coros que cantan pezas ao unísono.

A música teatral tamén acompaña a outras representacións máis sinxelas como o teatro de sombras.

A música tradicional china, ademais de acompañar ás distintas formas teatrais, tamén está formada por canciones e por música unicamente instumental.

INSTRUMENTOS:

Instrumentos de corda:
- Cítaras: Formadas por caixas de resonancia rectangulares sobre as que se atopan as cordas (de número variable).
· Guqin: Cítara de sete cordas.


· Guzheng: Cítara relacionada co koto xaponés.


- Laúdes:
Un exemplo de laúde é o chamado Pipa, que ten 2000 anos de historia. Antes tocábase con púa, mais agora tócase cunha especie de uñas realizadas con caparazón de tortuga. En Xapón é coñecido polo nome de biwa.


- Erhu (violín chino): O seu nome provén do número de cordas que posúe: Er (dúas en chino). Apóiase na perna, é preciso tocalo sentado e co instrumento en posición vertical.


Instrumentos de vento:
- Frauta de Pan: Formada por doce tubos de bambú, moi antiga.
- Frautas verticais (xiao) ou traveseiras feitas con bambú (dizi, un dos instrumentos máis antigos de China).



- Oboe (suona)
- Órgano de boca (shêng): antecesor do sho xaponés, 17 tubos de bambú colocados en círculo, conectados cunha caixa de resonancia que está no centro do círculo.
Instrumentos de percusión:
Tambores de distintas formas e tamaños e multitude de idiófonos (caixas chinas, gongs, láminas de madeira que se raspan, xilófonos...)


A música china ao longo dos anos sufriu tranformacións, á vez que entrou en contacto con formas e instrumentos doutras culturas. Aínda así, é certo que non tivo moito éxito a música occidental e os fenómenos de mestura ou fusión, ata as últimas décadas do século XX.


No hay comentarios:

Publicar un comentario