domingo, 27 de marzo de 2011

Música popular

Pode afirmarse que a música popular xorde en Europa coa chegada da Revolución industrial no século XVIII cando melloras na tecnoloxía fixeron posible a produción de novos instruemntos musicais en serie e a súa venta a precios razoables. Outro avance importante no desenvolvemento deste tipo de música prodúcese no século XIX grazas ao fonógrafo de Edison e o gramófono de Berliner, que permiten ao público gravar a súa propia música ou escoitar a música composta polos demáis sen asistir a un concerto. De feito, a finais dos anos vinte do século seguinte, moitos compositores prestixiosos e intérpretes populares xa efectuaran múltiples gravacións que puideron difundirse a través da radio ou da televisión, inventos modernos da época. Pero foi na década dos cincuenta, cando a música popular alcanzou a divulgación que ten hoxe en día, grazas ao rock and roll e á popularidade que alcanzaron as gramolas nos bares, pubs , cafeterías e restaurantes. Ademais, non tivo que pasar moito tempo ata que apareceran novos xéneros coma o heavy metal e o punk.

No hay comentarios:

Publicar un comentario