O jazz é un estilo de música que aparece nos Estados Unidos a finais do século XIX, e que se expandeu de maneira global ao longo do XX. Destacou sempre pola súa constante asimilación de estilos musicais diferentes, o que significou que se misturara con outros xéneros e dera lugar a estilos como o rock and roll, que finalmente acabaría por evolucionar independientemente. O jazz é un estilo creado polos afroamericanos emigrados dende África, e a pesar de que é un xénero moi importante en Norteamérica, tamén podemos atopar jazz de excelente calidade en Europa, principalmente en Francia. Agrupacións como Hot Club de Francia, ou o saxofonista sueco Lars Gullin entre outros, foron de gran relevancia no panorama do jazz europeo.
O concepto de música celta abarca un numeroso grupo de xéneros musicais, derivados de toda a tradición musical popular de todos os pobos de Europa Occidental ligados á chamada cultura celta. A pesar de que non existe un conxunto de xéneros que poida ser realmente considerado como celta, o termo é utilizado para unificar tanto músicas contemporáneas de raíces folclóricas, como músicas tradicionais de determinados puntos xeográficos. O termo é a denominación da música dos pobos que se denominan celtas, e non teñen unhas fronteiras claramente delimitadas. O termo de música celta, a miúdo é aplicado á música de Escocia e Irlanda, pois ambas zonas teñen un estilo diferencial e que comparte grandes semellanzas, ao formar parte da cultura gaélica.
MÚSICA POP
O termo de música pop, ven derivado do inglés pop music, que á súa vez é unha contracción de popular music, o que se entende como unha combinación de xéneros musicais que resultan moi populares dentro de unha sociedade. A súa aparición sucedeu durante a década dos anos 50, e sempre foi un estilo de música feito ca idea de resultar altamente comercializada. Por este motivo non se centra en ir dirixida a xente de un determinado grupo social ou ideoloxía, si non que pretende englobar ao maior número de seguidores. Habitualmente diríxese a xente nova como alternativa máis suave ao rock.
O rock é un xénero musical aparecido no século XX, do que nacen os distintos estilos musicais que derivan do rock and roll. Os inicios do rock tiveron lugar despois de que un abundante número de fontes se uniran para crear o novo estilo musical. Diferentes estilos que xestarían a música rock foron o blues, o jazz, o country ou a música folk. Estas distintas tendencias agrupáronse nunha sola que se basaba en blues, que acabou por ser unha música bailable e rápida. Os principais instrumentos do rock son a guitarra eléctrica, a batería e o baixo, que moitas veces se complementan con, por exemplo un órgano.
HEAVY METAL
O heavy metal é un xénero musical que recibe as súas influencias do rock ácido dos anos 60 , do blues rock, do hard rock (co que comparte rasgos esenciais), e da música clásica. A súa orixe data de finais dos 60, por parte de algúns grupos da década que incorporaron sons con máis potencia e distorsión. O metal gañou popularidade nos Estados Unidos e en Inglaterra nos anos 70, e posteriormente, nos 80, asentouse mundialmente de xeito definitivo. Este estilo caracterízase por ritmos potentes e maioritariamente agresivos, con guitarras altamente distorsionadas, baterías de sons potentes e a doble pedais e baixos moi pronunciados. Do heavy metal varían moitos subxéneros, todos eles moi expandidos universalmente, pero con máis forza en Europa, Sudamérica e Asia (especialmente Xapón).
TECHNO
03:01O techno é un xénero de música electrónica de baile que surxeu en Detroit (USA) mediada a década dos anos 80. Actualmente atopamos numerosísimos estilos diferentes dentro da música techno, un xénero que procede da fusión de varias corrientes musicais europeas, basadas nun uso experimental do sintetizador, e con tipos de música de raíz afroamericana como o free jazz ou o funk. A música techno foi de importada a Europa dende os Estados Unidos de forma rápida, e a finais dos 80 xa estaba plenamente extendida polo vello continente, grazas a diferentes salas que comezaron a especializarse neste xénero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario