lunes, 28 de marzo de 2011

Músicos e grandes voces

RAY CHARLES
Pianista e cantante,perdeu a vista de pequeño e recibiu clases de música en braille pero foi autodidacta no piano.
A súa forma tan peculiar de tocar o piano e as súas cualidades vocais, xunto con unha correcta mestura de músicas de New Orleáns con gospel e blues, conforman o estilo propio de Ray Charles, co cal encandilou ó mundo enteiro,e tivo una vida chea de éxitos musicais.





Miles Davis
Trompetista e compositor de jazz,un dos máis influintes nese xénero xunto con Louis Armstrong e Duke Ellington.
Participa tano no bebop e cool, coma no hardbop e a vangarda jazzística, sobre todo na súa vertente de fusión co rock. O son da súa trompeta é absolutamente característico polo uso de la sordina de aceiro Harmon, que lle proporcionaba un toque máis persoal e íntimo.




Louis Armstrong
Probablemente o músico máis popular do jazz,transformou o jazz de música de baile con raíces folclóricas a unha forma de arte popular.
Comezou como trompetista e cornetista,pero foi a súa voz o que o consagrou como unha figura internacioal jazzística.
Temas como Hello, Dolly alcanzarían o número un en ventas,superando aos Beatles.
Tocou e cantou con grandes artistas,en especial con Ella Fitzgerald.

(Aquí con Ella Fitzgerald)



DUKE ELLINGTON
Compositor,director e pianista de jazz estadounidense,considerado dos máis importantes deste xénero.
En canto ao estilo combina moito o blues co jazz e mesmo con música clásica,con este estilo mantivo no alto as súas bandas durante décadas.
Dise que puido escribir entre 2000 e 5000 pezas.
http://www.youtube.com/watch?v=SDDCzb3dv_


ELLA FITZGERALD
Ella Fitzgerald está consderada por moitos a cantante de Jazz máis importante.
O seu repertorio musical é amplísimo e inclúe blues,swing,bossa nova,calypso,cancións navideñas,pop etc...
Estaba dotada dunha voz cun rango vocal de tres oitavas,destacando a súa clara e precisa vocalización e a súa capacidade de improvisación,sobre todo no scat(técnica que desenrolou nos anos corenta e que anunciaron o nacemento do bop)





BILLIE HOLIDAY
Billie Holiday tamén está considerada por moitos como a voz femenina do jazz máis importante.
O valor artístico de Billie Holiday reside na súa capacidade interpretativa,dominio do swing e adaptación das súas cualidades vocais ó contido da canción.
Billie Holiday transmite a súas cancións unha intensidade inigualable que,en moitos casos,é froito das súas vivencias persoais.



SARAH VAUGHAN
Tamén chamada Sassy ou A Divina está considerada por moitos como unha das voces femeninas máis grandes do jazz xunto a Billie Holiday e Ella Fitzgerald.
A voz de Vaughan caracterízase pola súa tonalidade grave e control do vibrato.
A súa tesitura é similar a dunha cantante de ópera,permitíalle saltar do rexistro grave ó soprano con gran facilidade.
Foi un dos primeiros vocalistas en incorporar o fraseo do be-bop ao seu canto.
As súas capacidades máis destacadas son a inventiva armónica e o seu alto sentido de improvisación.
Ao longo dos anos,a súa voz foise volvendo máis escura,pero nunca chegou a perder o seu poder e a súa flexibilidade.
Foi tamén unha maestra no scat(improvisación vocal do jazz)




Álex Porto

No hay comentarios:

Publicar un comentario