sábado, 12 de marzo de 2011

Características e instrumentos da música europea

Rasgos:

  • Variedade de escalas (modo maior e menor).

  • Intervalos pequenos na melodía (2ª e 3ª).

  • Relación entre a música e o texto, coincidencia dos acentos e o final das frases, tanto musicais como gramaticais.

  • A estrutura estrófica das cancións que deriva da poesía europea (estrofas de ata seis ou máis versos, que riman e repítense.



    Instrumentos

    O legado que deixou Europa en canto a instrumentos é moi amplo, comezando polos anteriormente indicados, pertencentes á Idade Media ( o gemshorn, o laúde, a guitarra mourisca, a guiterna, o salterio, o rabel, o dulcimer e a fídula). De tódolos xeitos, non quedou en ese punto a industria musical do vello continente. No século XVII, comeza a fabricación dos chamados Stradivarius, que eran instrumentos de altísima calidade elaborados pola familia italiana dos Stradivari. Esta marca acabaría por converterse na de máis sona mundial en canto a calidade dos instrumentos que fabricaba, e aínda nos nosos días sigue tendo gran importancia. A familia dos Stradivari elaboraba violíns, violas, violoncellos, guitarras, arpas e contrabaixos de altísima calidade, e os máis preciados do mundo da música. A zanfoña é un violín mecánico no que o instrumentalista cambia as notas presionando teclas dun teclado, e no que vibran as cordas por fricción dunha corda enresinada situada na base do insrumento que xira movida por un manubrio.

    En canto á época contemporánea podemos atopar instrumentos como a trompeta, saxofón, tuba, clarinete, trombón e corneta, que pertencen á familia de vento. Na percusión, actualmente os instrumentos máis relevantes e utilizados poden ser o órgano, a batería (e independientemente as súas distintas partes) e o piano. Na familia de corda, nos nosos días ten unha grandísima importancia a guitarra eléctrica para xéneros musicais como o rock ou o blues. O clavicémbalo ou clave é un instrumento de teclado e cordas no que éstas se puntean para producir son ( desarrollouse en Europa e foi ampliamente utilizado).É particularmente apropiado para a interpretación de música contrapuntística, na que aparecen dous ou máis liñas melódicas interpretadas simultáneamente, como na de Johann Sebastian Bach. A zanfoña é un violín mecánico no que o instrumentalista cambia as notas presionando teclas dun teclado, e no que vibran as cordas por fricción dunha corda enresinada situada na base do insrumento que xira movida por un manubrio.


    Aquí vese como é o gemshorn


    Un laúde






    A guitarra mourisca

    A guiterna

    O salterio

    O rabel


    O dulcimer

    A fídula

    Violín Stradivarius

    A zanfoña

    O clavicémbalo


No hay comentarios:

Publicar un comentario