Mostrando entradas con la etiqueta Música africana. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Música africana. Mostrar todas las entradas

sábado, 12 de marzo de 2011

9- Principais intérpretes da música africana

- Cesarea Evora (estilo: morna, música lenta e nostálxica)
- Youssou N'Dour (combina rasgos latinos con africanos)
- Toure Kunda
- Ismael Lô (canta sobre temas como a inmigración, a igualdade, as actitudes racistas)
- Baaba Mal (combina música electrónica con instrumentos tradicionais)
- Orchestra Baobab (banda que fusionou ritmos latinos, sonoridades africanas e influencias do soul e do jazz)
- Didier Awadi (creou un grupo de rap moi importante: Positive Black Soul)
- Salif Keita
- Ali Farka Touré
- Toumani Diabaté
- Rokia Traoré
- Keletigui Diabaté
- Habib Koité
- Mory Kante
- Pierre Akendengué
- Manu Dibango (camerunés, amante do jazz, admirador de Louis Amstrong, promoveu moitos proxectos musicais en África e levou a súa música a fóra)
- Femi Kuti (saxofonista e representante do afrobeat)
- Papa Wemba (músico congoleño: rumba, soukous)
- Ray Lema (fusiona música africana con sonidos do mundo enteiro)
- Ricardo Lemvo (combina a música congoleña coa cubana)
- Lokua Kanza
- Miriam Makeva







8- Música africana actual

Se na música popular do occidente a música africana foi moi importante no seu discurso rítmico, a música africana tamén recibiu influencias dos estilos occidentais, polo que a nova música deste continente é unha mestura da súa propia tradición con influencias tanto europeas, como americanas, como de Oriente Próximo. Esta música nace nas rúas das grandes cidades.

Nesta páxina web están moitos estilos da música de África.

A música de África occidental está influenciada especialmente pola música latina.

En África Central destaca a música congoleña, xa que esta inflúe sobre outras zonas. Esta música tivo influencias de fóra, que lle chegaron a través dos emigrantes africanos que regresaron ao seu país. Na década dos 50 e 60 adaptouse a rumba cubana dando lugar ao soukous, e nos 70 e 80 foi a música negra americana a que influíu nesta zona, sobre todo o soul.

A diferencia doutros países africanos nos que a influencia da música latina foi a máis decisiva, no Sur de África foi a música negra norteamericana a que tivo ese papel. Durante os gobernos racistas despreciouse a cultura africana e as súas tradicións musicais, tras a Segunda Guerra Mundial, os músicos traballaron a fusión entre o jazz e os estilos da zona, dando lugar a distintos novos estilos, mais só podían actuar en barrios reservados para os negros. Nesta zona destacan os coros, por exemplo: “Ladysmith Black Mambazo”, voces masculinas. É un grupo conservador (política), cando a maioría dos músicos africanos non o son e denuncian coa súa música a situación dos seus países.


6- Música de África Central e do Sur

África Central

Esta área musical está marcada pola influencia bantú e ocupa un extenso espacio xeográfico: parte de Camerún, Gabón, Zaire, Uganda, Kenia, Tanzania, Angola, etc.

Nestos países a música está ligada á linguaxe falada, moitas das linguas bantú son tonais: non se pode cambiar o ritmo e o contorno melódico dunha frase sen cambiar tamén o seu sentido.

A música imita os ritmos e melodías da linguaxe facendo “falar” aos instrumentos. Podemos destacar todo tipo de tambores, especialmente o tambor parlante, tamén cítaras, o arco musical… Outra característica desta zona é a polifonía vocal e instrumental, e a existencia de pobos tamborileiros.



África do Sur

Ocupa parte de Angola, Zambia, Zimbabwe, Mozambique, Sudáfrica, etc.

Unha das características musicais destos pobos é a polifonía: a presencia de pobos bantúes como o Zulú, supuxo unha continuidade cos comportamentos musicais de África Central.

Entre os instrumentos hai que destacar principalmente o sanza (piano do pulgar).

5- Música do Occidente de África

Está constituída entre outros, polos seguintes países: Cabo Verde, Mali, Senegal, Gambia, Guinea, Serra Leoa, Ghana, Nigeria, Camerún etc.

Nesta zona predomina a tradición cultural mandinga. A historia mandinga ao igual que a maioría das culturas africanas non está escrita, polo que un grupo social, os Griots, era o encargado de narrar e transmitir oralmente a historia desta cultura, era a memoria do pobo africano. Eran músicos, historiadores e cantantes que transmitían a súa arte de xeración en xeración e foron cronistas desta cultura dende a Idade Media. Para isto crearon un soporte musical e acompañáronse de instrumentos adaptados á linguaxe e aos ritmos empregados.

As transformacións modernas da sociedade africana, fixeron que moitos deles que noutros tempos foron moi importantes, se viran obligados a mendigar cantando polas grandes ciudades, mentres que outros alcanzaron popularidade chegando a ser estrelas da canción á maneira occidental.

Os Griots son unha das raíces máis antigas da música negra, e teñen importancia no rap.


Nesta zona de África tamén están as tribos tamborileiras, que teñen importancia na música tradicional africana.

Dos instrumentos tradicionais desta zona podemos destacar a kora, o balafón, o tambor parlante, etc.

7- Música de África do Norte

O Norte de África está moi conectado con Asia Occidental, polo que, como os xéneros musicais do Val do Nilo e do Corno de África, a súa música ten relación coa música de Oriente Próximo.
É certo que a música da maior parte desta zona do continente africano seguiu durante séculos as regras da música árabe, pero tamén é certo que a música desta zona, do Norte de África, abarca un amplo abanico de tradicións, dende a música do Antigo Exipto ata a música bereber (os bereberes son un grupo étnico do Norte e Oeste de África, de antes da chegada dos árabes e a súa música varía ampliamente). Nesta música destaca a música de Marrocos, a música Tuareg dos nómades do deserto (Arxelia, Burkina Faso, Níxer e Mali) e a música popular de Arxelia. Entre os xéneros populares contemporáneos destaca o Raï de Arxelia: a pesar de que non son estas as súas orixes, no contexto da protesta popular, o cantante quéixase das súas propias desgracias, acusándose a si mesmo, diríxese á súa propia facultade de discernimento (raï), que o levou a tomar malas decisións, é unha forma de revolta existencial, moitas cancións trataban sobre o amor ou sobre a bebida. Naceu sobre o 1900 en Oran e sobre o 1996 intentou ser silenciado, aínda que isto non se conseguiu. É unha mestura de estilos.
Dentro da música de Marrocos destacan dous estilos:
- Gnawa: Básase nos cánticos sagrados árabese incorpora ritmos africanos que chegaron dende Senegal, Mali e Guinea. Usa sobre todo a percusión chamada tbel (tambores), o sintir, de tres cordas e as qraqeb, unhas castañolas de metal.
- Chaabi: Música popular, transmitida pola radio, sinxela, alegre, emparentada coa cultura bereber.
A música árabe que se escoita no Norte de África usa un sistema de modos melódico chamado maqam. Cada maqam está constituído por unhas notas importantes, unha melodía determinada. Pode interpretarse cos instrumentos ou ca voz. É un sistema de improvisación.
Destacar tamén a música feita para as danzas do ventre que son propias do folclore de Oriente Medio e Exipto.




3- Algúns instrumentos empregados na música africana II

Entre os instrumentos de corda citar o arco musical dunha soa corda, guitarras, violíns e laúdes con poucas cordas.

A kora é un instrumento dos máis característicos. É unha mestura entre arpa e laúde, de 21 a 27 cordas. O seu corpo de resonancia é media cabaza cuberta con pel. Produce un sonido delicado e metálico como a arpa.




O laúde árabe é un tipo de laúde que deu orixe aos laúdes europeos. Ten unha caixa de resonancia máis grande que estes, un mástil máis corto e carece de trastes. Emprégase na música de Oriente Medio, do Magreb e de África Oriental.

Entre os aerófonos encontramos tanto flautas, instrumentos de lengüetas, etc.

2- Algúns instrumentos empregados na música africana

A música africana é predominantemente rítmica, os instrumentos de percusión teñen un papel moi importante, especialmente os membranófonos.
Hai unha gran variedade de tambores construidos de diversas formas, tamaños e materiais. Por exemplo os Yuca, os Catá e, os djembe…
O djembe ten moita importancia, especialmente no Oeste. É un tambor en forma de copa cun só parche. Pode ser tradicional ou máis moderno. Non é habitual que se toque so, xeralmente forma parte dunha agrupación polirrítmica. Naceu no Imperio Mandinga (África Occidental). Hoxe en día é empregado en diferentes ámbitos musicais, dende a música tradicional africana ata en grupos de reggae ou música electrónica. Foi un dos primeiros membranófonos que existiu e é extremadamente versátil.


O djembe tócase a miúdo co dum dum, mais este tamén se toca só.

O dum dum é un instrumento moi empregado en países como Guinea, Mali e Senegal. Son tres tambores e cada un deles recibe un nome: Dununba (grave e grande), Sangban (medio e principal) e Kenkeni (pequeño e agudo). Tócanse os tres xuntos con baquetas de madeira.



É esencial para as bases rítmicas africanas xunto co Bougarabou. Este é exteriormente similar ao djembe. Tócase en conxuntos de tres a cinco, aínda que tradicionalmente tocábase só.


Un tambor característico é o Tambor Parlante, que permite a imitación da lingua falada.

http://personal.auna.com/yembe/Instrumentos.htm

http://www.artisanat-africain.com/instruments/les_instruments_de_musique.htm

Na familia dos idiófonos destaca outro instrumento que posúe distintos nomes segundo a zona:sanza, mbira, kalimba… Está formado por láminas metálicas colocadas sobre unha plancha de madeira oca que actúa como caixa de resonancia. Hainos distintos dependendo da época e da zona.

Toca este instrumento!

O Balafón é unha especie de xilófono que utiliza como resonadores ou caixa de resonancia , calabazas ocas. Utilízase especialmente en África occidental.

O Chekeré ou Shekere é unha especie de maraca de calabaza cuberta de redes con abalorios que ao ser sacudidas chocan co exterior da calabaza.

4- Características xerais da música de África subsahariana

Aínda que non se pode falar dunha música africana senón de diversas culturas musicais, existindo diferenzas importantes entre estas, podemos atopar una serie de características comúns en todas elas, quitando a zona do norte de África, que non depende tanto do ritmo, usa menos instrumentos de percusión e ten unha historia diferente á da rexión subsahariana (África Central, Occidental e do Sur):

- Como xa dixen anteriormente é unha música relacionada coa vida cotiá e aparece no traballo, en calquera tipo de celebracións…

- É unha música compartida por todos os membros dunha comunidade, non é habitual que haxa alguén só escoitando, sen cantar, bailar ou sen tocar instrumentos.

- É oral, non se utiliza polo xeral ningún sistema de notación, isto é contrario totalmente á música europea e asiática.

- Está evolucionando constantemente, pero aínda que conserva as súas raíces, as súas tradicións, ábrese aos aportes da música occidental: así foi como se crearon novos estilos.

- A maior parte da música vai acompañada pola danza, isto fai que sexa predominantemente rítmica. O ritmo é polo tanto un elemento básico desta música. Son frecuentes as polirritmias. A rítmica en cruz empregada é a mostra clara da complexidade rítmica da maior parte deste continente.

- A maior parte da música vocal é polifónica (execución simultámea de dúas ou máis liñas melódicas). As melodías teñen unha estrutura sinxela e están basadas na repetición e na improvisación.

- Uso habitual de ostinatos, esquemas tanto rítmicos como melódicos que se repiten.

-Uso do canto de chamada e resposta, os intérpretes son un solista e o coro. O coro repite un estribillo fixo, alternándose co solista que ten máis liberdade para improvisar.


1- Introdución á música africana

África é un continente cunha gran diversidade étnica e cultural, composto por 52 nacións independentes, unhas mil linguas e polo menos cinco grupos culturais maioritarios. A pesar de que está situada a poucos quilómetros de Europa, nunca tan poucos quilómetros crearon tanta distancia, existindo un gran descoñecemento dos diferentes pobos, culturas, manifestacións artísticas… que se atopan neste continente.

A súa historia está marcada por feitos como a saída masiva de cidadáns como esclavos a Europa e América, e a colonización de boa parte do seu territorio dende a primeira metade do século XIX, que foi recuperando a súa independencia ao longo do século XX.

A música africana foi levada a todos os lugares do mundo, especialmente a Europa e América, en moitos casos a través dos esclavos que cantaban e improvisaban mentres traballaban. De estos contactos xurdiron estilos tan relevantes para a música actual como o blues, o jazz, o reggae, o country, a música cubana e latina en xeral, etc.

Na segunda metade do século XX, na época postcolonial, naceu a conciencia de identidade africana, valorando en igualdade as tradicións africanas e as de fóra, logrando un verdadeiro interculturalismo a partir do cal xurdiu o amplio panorama musical actual, dende as pezas máis tradicionais ata as nacidas da fusión e do intercambio.

En África a música atópase intimamente relacionada cos acontecementos cotidianos da vida dos habitantes deste continente. Por un lado está ligada ao ámbito espiritual, relixioso, ritual e máxico. Por outro lado, é música comprometida de denuncia que loita contra a marxinación, a miseria e a falta de liberdade á que se ven sometidos millóns de africanos. A música camiña paralela á vida e á historia.

“Ensináronos que a música é a arte de combinar ben os sons, algo grato para o oído. Para os africanos sen embargo, a música é a arte de cantarlle á vida" (Francis Bebey, músico camerunés)