sábado, 12 de marzo de 2011

Música Clásica

MÚSICA CLÁSICA
A música clásica é o nome que recibe a música docta, académica e culta, a pesar que a súa definición exacta pode resultar mesmo complicada de atopar. Na historia musical, é o estilo de música pertencente ao clasicismo ou período clásico, que comprende dende o ano 1750 ata o 1820. De tódolos xeitos, na RAE aparece descrita como a que é de tradición culta, e os seus inicios en Europa paracen situarse arredor do ano 1450. A música clásica consérvase por notación musical, isto é, que queda constancia por escrito das indicacións técnicas para interpretar a obra, a pesar de que a súa correcta representación depende na súa maior parte dos músicos encargados. A música clásica surxeu tomando elementos tradicionais do mundo clásico (Grecia e Roma) e a música Católica, na súa maior parte do canto gregoriano. Músicos con grandísima importancia en toda a historia da música estiveron ligados a este xénero, como poden ser Wolfgang Amadeus Mozart, compositor e pianista austríaco mestre do Clasicismo, ou Ludwig van Beethoven, compositor e pianista alemán, e que o seu legado musical abarca dende o clasicismo ata comezos do romanticismo musical. Ambos naceron no século XVIII, aínda que Beethoven é posterior.

Wolfang Amadeus Mozart, nado en Salzburgo o 27 de xaneiro de 1756 e falecido en Viena o 5 de decembro de 1791, está considerado como un dos máis grandes compositores de música clásica europea.

W.A. Mozart foi o neno prodixio por excelencia, como compositor e como intérprete. Aos catro anos recibe leccións de música do seu pai, Leopold, e aos cinco escribe as súas primeiras obras. Con oito compón as primeiras sinfonías, e con doce, óperas.

Resume a tradición contrapuntística alemá, o melodismo italiano e as conquistas técnicas de Haydn e dos sinfonistas de Mannheim. Foi innovador nas formas e no contido, gozou dunha marabillosa inspiración melódica e foi atrevido na harmonía. Empregou o cromatismo coma elemento de tensión. Nas súas últimas obras, atópase un brote emocional que semella querer emanciparse do clasicismo.

Obras de Mozart :

- ÓPERAS :Cultivou a ópera seria, a ópera cómica e o singspiel. Na ópera cómica realizou un fondo estudo psicolóxico dos personaxes humanizándoos. Dentro do singspiel destacan O rapto no serrallo e, sobre todo, A frauta máxica, a translación dos valores da Ilustración ao teatro musical. Na ópera cómica destaca As vodas de Fígaro.

- SINFONÍAS: Mozart experimentou unha considerábel evolución dende a primeira sinfonía (escrita con oito anos) ata a corenta e un Xúpiter (con trinta e dous). Mozart deulle unha personalidade propia aos instrumentos de vento, especialmente ao clarinete.

- CONCERTOS: Mozart adoptou xeralmente a seguinte estrutura: un primeiro movemento con forma sonata, un movemento lento, e un rondó final. O instrumento para o que máis compuxo este xénero foi piano (el mesmo interpretaba a parte solista, ademais: o seu virtuosismo non estaba ao alcance de calquera), pero tamén o fixo para o violín, a trompa ou o clarinete.

No hay comentarios:

Publicar un comentario