sábado, 12 de marzo de 2011

4- Características xerais da música de África subsahariana

Aínda que non se pode falar dunha música africana senón de diversas culturas musicais, existindo diferenzas importantes entre estas, podemos atopar una serie de características comúns en todas elas, quitando a zona do norte de África, que non depende tanto do ritmo, usa menos instrumentos de percusión e ten unha historia diferente á da rexión subsahariana (África Central, Occidental e do Sur):

- Como xa dixen anteriormente é unha música relacionada coa vida cotiá e aparece no traballo, en calquera tipo de celebracións…

- É unha música compartida por todos os membros dunha comunidade, non é habitual que haxa alguén só escoitando, sen cantar, bailar ou sen tocar instrumentos.

- É oral, non se utiliza polo xeral ningún sistema de notación, isto é contrario totalmente á música europea e asiática.

- Está evolucionando constantemente, pero aínda que conserva as súas raíces, as súas tradicións, ábrese aos aportes da música occidental: así foi como se crearon novos estilos.

- A maior parte da música vai acompañada pola danza, isto fai que sexa predominantemente rítmica. O ritmo é polo tanto un elemento básico desta música. Son frecuentes as polirritmias. A rítmica en cruz empregada é a mostra clara da complexidade rítmica da maior parte deste continente.

- A maior parte da música vocal é polifónica (execución simultámea de dúas ou máis liñas melódicas). As melodías teñen unha estrutura sinxela e están basadas na repetición e na improvisación.

- Uso habitual de ostinatos, esquemas tanto rítmicos como melódicos que se repiten.

-Uso do canto de chamada e resposta, os intérpretes son un solista e o coro. O coro repite un estribillo fixo, alternándose co solista que ten máis liberdade para improvisar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario