BIG BANDS: Fan referencia a un grupo amplo de músicos que tocan conxuntamente, a traducción do termo é orquestra de jazz. Aparece a finais da década de 1920, ainda que a súa etapa de ouro foi o período comprendido entre 1935 e 1950, na era do Swing.
A estrutura das big bands foi evolucionando ao longo do tempo, desde as bandas de dez ou once membros da época inicial do swing, ata as grandes orquestras de máis de vinte músicos dos anos setenta. A característica principal das big bands é a existencia de seccións instrumetais, nalgún dos casos os mismos instrumentos podes aparecer duplicados. Habitualmente compóñense de tres seccións, metais, madeira e ritmo. Nos metais inclúese polo menos tres ou catro tompetas e dous ou máis trombóns. A sección de madeiras adoita estar formada catro ou máis saxofóns, que alternan usualmente con outros instrumentos como clarinete e flauta. A sección rítmica de acompañantes está composta por algunha combinación de piano, guitarra, baixo e batería. Por tanto, un total de entre 12 e 17 membros. Con frecuencia, especialmente na época de ouro do Swing, as bandas adoitaban ter un cantante. A partir dos anos 60, aínda que foi o final da época de ouro das big bands, en parte polas dificultades económicas que supoñía manter formacións de este tamaño, e por outra parte porque o jazz na súa evolución, perdeu o papel de música de baile que tivo nas décadas anteriores, a realidade é que se mantivo o formato de gran banda nos sucesivos estilos do jazz.
Aquí un video de unha big band con moito éxito do 1941.
No hay comentarios:
Publicar un comentario