Mostrando entradas con la etiqueta Música de Asia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Música de Asia. Mostrar todas las entradas

domingo, 20 de marzo de 2011

A música árabe

A música árabe é a música dos países árabes, nos que se fala árabe e cuxa relixión é o Islam. Esta música estivo en contacto con outras como a persa, a turca, a india, a bereber, a suajili, a andalusí e a europea. A música de África do Norte ten grandes influencias desta música.
A música árabe caracterízase polo predominio da melodía e do ritmo sobre a armonía.
A música habitualmente é de textura monódica ou monofónica: hai unha soa línea melódica, sen acompañamento, todas as voces e instrumentos cantan ou tocan a mesma melodía, ao unísono, en octavas. Aínda así hai algúns exemplos de música polífonica: soan á vez varias voces independentes, de importancia similar e ritmos diversos.
Dende o punto de vista melódico o sistema musical árabe está basado na octava dividida en 24 cuartos de tono, isto é complicado de asimilar para os oídos acostumados á música occidental (octava dividida en 12 semitonos). Na notación occidental a música árabe escríbese usando + (=elevación dun cuarto de tono) e - (=baixada dun cuarto de tono). Empréganse ademais o sostenido, o bemol e o becuadro.
O maqam é un sistema de modos melódicos empregados na música árabe. Cada un está formado por unha escala, unha serie de notas importantes, frases melódicas, modulación determinadas. Permite a improvisación. Todas as composicións da música tradicional árabe están basadas neste sistema. Poden interpretarse ca voz ou con instrumentos e non inclúen o ritmo.

INSTRUMENTOS:
Como xa dixen a música árabe tamén se da no Norte de África, polo que moitos destes instrumentos tamén se empregan alí:
- Arghul: Instrumento de vento madeira, que se emprega na música da danza do ventre, e de son semellante ao dun clarinete.

- Bendir: É unha clase de tambor, é moi empregado no Norte de África, en Marrocos sobre todo.

- Crótalos
- Darbuka:
- Laúde árabe



- Mazhar e riq: Pandeiros

-Mijwiz: Instrumento de vento.
-Mizwad: Instrumento de vento, unha especie de gaita empregada en Túnez.
-Ney: Unha clase de flauta.


-Rabel

-Zurna


jueves, 17 de marzo de 2011

A música de Xapón

A música xaponesa presenta múltiples influencias da música China, ao igual que noutros aspectos culturais. En Xapón empréganse tamén as mesmas escalas de cinco sons (escala pentatónica), e tamén son habituais as formas musicais destinadas ao teatro, ademais de que hai instrumentos comúns que comparten China e Xapón.
A principios do século XX Xapón comezou a abrirse á música occidental: isto supuxo unha decadencia (relativa) das súas tradicións. A música fíxose máis urbana e introducíronse aspectos propios da música occidental: determinados ritmos, instrumentos, esquemas melódicos... As tradicións mantéñense vivas, sobre todo grazas aos santuarios e aos templos.
As dúas manifestacións artísticas máis representativas da música xaponesa son:
- Gagaku
O Gagaku é a música ceremonial da Corte imperial e de algúns templos budistas, derivada de xéneros musicais importados de China e Corea entre os séculos IV e VIII d.C. Inclúe música puramente instrumental, música acompañada de danza e música vocal. No Gagaku podemos atopar a maior parte dos instrumentos folclóricos de Xapón. A formación básica é: dous tambores e un gong (percusión), o koto e un laúde biwa (corda), e flauta, oboe e un órgano de boca (vento).


- Música incidental (obra teatral)
A música ten unha gran importancia nos dous tipos de teatro tradicional: o Noh (relixioso) e o Kaburi (temática burlesca).

En ambas formacións teatrais empréganse recursos vocais moi característicos, como os sons de "falsete" (moi agudos e nasais) e sons graves, lonxe da "voz natural" occidental. Os actores empregan máscaras que teñen consecuencias acústicas que lle quitan realismo.
A música tamén ten un papel importante no Bunraku: o teatro de marionetas xaponés, no que se unen a arte das marionetas, a arte da recitación e a arte do shamisen.



Nese enlace fálase dos principais instrumentos e tamén se poden escoitar.


miércoles, 16 de marzo de 2011

A música de China


A tradición musical china remóntase ao ano 3000 a.C., a súa orixe é relixiosa e está ligada ás ceremonias da corte e ao teatro ritual.
En escala básica da música china é unha escala pentatónica, con 5 sons que non están separados por semitonos.
A música tradicional está influida por correntes filosóficas e relixiosas como o confucionismo e otaoísmo. Busca o equilibrio de dous principios: o yin, que representa o feminino e o yang, que representa o masculino; creando cunha proporción adecuada de ambos a armonía (moitos tambores representan o masculino cun son agudo e o feminino cun máis grave).
Esta base espiritual provocou que os chinos resistiran á música dedicada só ao entretemento, como ocurre en moitos casos coa música occidental.
A música acompañaba tradicionalmente formas poéticas cantadas. Os poemas cantados e as súas formas teatrais, moi populares en tódalas rexións, deron lugar á Ópera China: pezas teatrais que sobreviven na actualidade e coñécense co nome do seu lugar de orixe. Destaca a Ópera de Pekín. Esta foi declarada Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola Unesco no 2010.



A ópera consiste en recitativos e arias de cantantes solistas, partes instrumentais, sobre todo con instrumentos de percusión: membranófonos e idiófonos, de corda: laúdes, violíns chinos..., de vento: frautas, órgano de boca... Os instrumentos de corda e vento habitualmente acompañan aounísono aos cantantes. Na actualidade, empréganse orquestas máis grandes que inclúen instrumentos occidentais, e tamén, grandes coros que cantan pezas ao unísono.

A música teatral tamén acompaña a outras representacións máis sinxelas como o teatro de sombras.

A música tradicional china, ademais de acompañar ás distintas formas teatrais, tamén está formada por canciones e por música unicamente instumental.

INSTRUMENTOS:

Instrumentos de corda:
- Cítaras: Formadas por caixas de resonancia rectangulares sobre as que se atopan as cordas (de número variable).
· Guqin: Cítara de sete cordas.


· Guzheng: Cítara relacionada co koto xaponés.


- Laúdes:
Un exemplo de laúde é o chamado Pipa, que ten 2000 anos de historia. Antes tocábase con púa, mais agora tócase cunha especie de uñas realizadas con caparazón de tortuga. En Xapón é coñecido polo nome de biwa.


- Erhu (violín chino): O seu nome provén do número de cordas que posúe: Er (dúas en chino). Apóiase na perna, é preciso tocalo sentado e co instrumento en posición vertical.


Instrumentos de vento:
- Frauta de Pan: Formada por doce tubos de bambú, moi antiga.
- Frautas verticais (xiao) ou traveseiras feitas con bambú (dizi, un dos instrumentos máis antigos de China).



- Oboe (suona)
- Órgano de boca (shêng): antecesor do sho xaponés, 17 tubos de bambú colocados en círculo, conectados cunha caixa de resonancia que está no centro do círculo.
Instrumentos de percusión:
Tambores de distintas formas e tamaños e multitude de idiófonos (caixas chinas, gongs, láminas de madeira que se raspan, xilófonos...)


A música china ao longo dos anos sufriu tranformacións, á vez que entrou en contacto con formas e instrumentos doutras culturas. Aínda así, é certo que non tivo moito éxito a música occidental e os fenómenos de mestura ou fusión, ata as últimas décadas do século XX.


lunes, 14 de marzo de 2011

Música do Surleste de Asia

O Surleste asiático comprende Insulindia (unha rexión composta por multitude de islas: Filipinas, Indonesia...) e a península de Indochina, que inclúe Birmania, Tailandia, Camboxa, Laos, Vietnam..., polo tanto unha gran variedade cultural, na que se perciben as influencias de China e de India, entre outras.
Podemos destacar dúas características de toda esta zona:
- Unha sonoridade característica procedente do uso xeralizado de instrumentos idiófonos.
- A presencia de grandes formacións instrumentais que acompañan acontecemententos populares, relixiosos e folclóricos. Tamén se utiliza como acompañamento de representacións teatrais, de danza, de teatro de sombras ou de marionetas.

A agrupación musical máis coñecida é o gamelán, o conxunto instrumental característico de Indonesia.




Instrumentos do gamelán:
- Metalófonos de láminas cravadas:
· Saron: Metalófonos de 6 ou 7 pezas de bronce que levan a melodía de base. Recibe distintos nomes dependendo da altura do son.

- Metalófonos de láminas suspendidas:
· Gender: Metalófonos con 14 láminas de cobre con tubos resonadores de bambú que ornamentan a melodía ou subliñan a melodía de base.


- Xilófonos:
· Gambang: Xilófono con láminas de madeira.
- Gongs: Son instrumentos de percusión. Os gongs nesta zona teñen unha forma característica que non teñen os de outras zonas: presentan un bulbo redondo no centro que lles permite dar una nota precisa, son instrumentos melódicos. Puntúan a melodía. Hai distintos tipos, poden estar suspendidos ou horizontais.

Gongs suspendidos:



Kenong:


Bonang:


-Kendang: Tambores que marcan o tempo e o ritmo.


O gamelán produce estruturas sonoras cuxo principio de organización é o da variación simultánea sobre un tema. Habitualmente non se dan concertos de gamelán, forma o acompañamento de ceremonias nos templos ou de pezas teatrais danzadas que repiten a narración de antigos mitos hindúes; do teatro de marionetas ou do teatro de sombras wayang, no que as sombras das marionetas son proxectadas nunha pantalla.
A parte que toca cada un dos músicos non é demasiado complexa, a complexidade da textura musical é a do conxunto.
Debido á improvisación e á posibilidade de facer modificacións, unha mesma peza pode existir en tantas formas como gameláns a toquen.

Música no Subcontinente Indio

Nesta zona podemos incluír: India, Pakistán, Bangladesh, Nepal e Bután, e, por razón culturais, tamén Sri Lanka e Maldivas. No Subcontinente Indio conviven pobos moi variados en canto a linguas, cultura e música. Esta rexión, dominada polo hinduismo dende 1500, sufriu a invasión musulmana no século XIV; isto provocou un cambio nas costumes, na arte e na música.
Podemos facer dous grupos en canto as manifestacións musicais:
- A música relixiosa: Durante moito tempo foi o antigo canto de himnos e textos do Veda (libro sagrado do hinduismo). Esta era unha música vocal e monofónica.
- A música profana: Despois da invasión musulmana fíxose unha división cultural:
· Música islámica-hindú, música indostánica (no Norte): Música con bastante liberdade na forma e no estilo, caracterizada pola súa elegancia e ornamentación.
· Música fiel á tradición (no Sur), música carnática: Música cunha estrutura ríxida e dende o punto de vista métrico máis austera (fixa e sinxela).



ESTILO MUSICAL
Ambas tendencias teñen a mesma base do estilo musical.
- O sistema musical hindú emprega unha escala de sete sons, separados por unha distancia aproximada de un cuarto de tono. É complicado transcribir as melodías co sistema de notación occidental. Na música india non existe un repertorio escrito, a notación é un recordatorio: a transmisión musical e basicamente oral. Úsanse instrumentos cun son moi flexible.
- A melodía organízase a partir de ragas. Unha raga é un esquema melódico de improvisación, basado nunha colección dada de notas (5-9) e patróns rítmicos característicos. A tónica tócase constantemente e hai tamén outra nota predominante, que destaca sobre as demais. Nas ragas (10 minutos-2 horas) o ritmo vai acelerando progresivamente. Hai ragas para os distintos momentos do día e estados de ánimo, para certos acontecementos... En total consérvanse 162, aunque moitas case non se empregan.
- O sistema rítmico das ragas chámase tala. A música hindú neste aspecto é unhas das máis complexas do planeta. Existen talas con rango de dende 3 golpes nun ciclo ata 108. Teñen unha maneira de solfear os ritmos semellante á das melodías, polo que os músicos memorizan facilmente pasaxes rítmicos moi complexos.
- O pedal é un son (ou máis) mantido, que actúa de guía para toda a obra.
- A improvisación é unha parte esencial da música india: a partir dunha raga, dunha tala e dun pedal, o músico crea o resto, seguindo determinadas regras.

O sistema de aprendizaxe na India chámase guru-shishya-parampara.
Este sistema clásico é o máis importante, dende o punto de vista artístico, de todas as tradicións musicais de Oriente que sobreviviron.

INSTRUMENTOS
Aquí podes ver e escoitar os principais instrumentos da zona da India.
Algúns vídeos para escoitar o son dalgúns instrumentos:


Neste vídeo pódese ver a Ravi Shankar, un músico moi importante que deu a coñecer o sitar (instrumento de corda indio, o máis coñecido). No mundo occidental coñeceuse gracias aos Beatles.



Ghatam.


Bansuri.

Música en Asia Central

Dentro de Asia Central podemos incluír: Kazajstán, Kirguizistán, Tadzhikistán, Turkmenistán, Uzbekistán, Afganistán, a Rexión Autónoma de Xinjianj en China e Mongolia.
Os pobos desta zona comparten certos elementos, en canto a etnias e cultura. A maioría deles son de orixe turca. Tamén se poden incluír en Asia Central, xa que comparten estes vínculos: Armenia, Azerbaixán, Xeorxia, a Rexión Autónoma de Mongolia Interior en China, algúns pobos de Siberia (Rusia) e certas rexións de Irán e Paquistán.
A tradición musical desta zona ten as súas orixes principalmente na música chamánica, a que ademais de servir para acompañar rituais tivo unha función terapéutica. Coa chegada do Islam, esta música adoptou o sistema de maqam árabe, mantendo as súas características e cualidades curativas. O maqam é un sistema melódico empregado na música árabe tradicional.
Esta tradición musical aportou varios elementos musicais, e tamén instrumentos, a diversas tradicións do Oriente, como se pode ver na china, persa e turca, entre outras.
Algúns instrumentos desta zona, que se transmitiron a outras, son violíns e laúdes.



sábado, 12 de marzo de 2011

Características xerais da música de Asia

Asia é un gran continente no que conviven razas, linguas e relixións moi distintas, e, polo tanto, as manifestacións musicais son moi diversas e diferentes, ao igual que os pobos aos que pertencen. Aínda así, pódense apreciar algunhas características comúns na música de todo o continente:

- Importancia da melodía. É o elemento base da música e o que máis destaca. A armonía non existe como tal, aínda que a polifonía (execución simultánea de varias voces independentes) e a heterofonía (execución simultánea de diferentes versións dunha mesma melodía), poden cumplir ese papel.

- Relación da música coa relixión. A maioría das formas musicais orientais foron creadas a partir de textos sagrados. O son alcanza unha dimensión “espiritual”, lonxe do concepto occidental do son como simple materia prima da música.

- Predominio da improvisación. Improvísase no momento da execución, os intérpretes son os propios compositores. Aínda así, sempre se parte de esquemas rítmicos e melódicos, sobre os que se realizan variacións.

- Timbres vocais característicos. Isto chama moito á atención do oído occidental, onde o habitual é o “canto natural”. En Oriente emprégase o canto de falsete (agudo e nasal) e tamén a voz grave e gutural. Hai máis técnicas que modifican a voz diferenciando esta música da occidental, como por exemplo:

· Glissando: Pódese definir como un efecto sonoro consistente en pasar rapidamente dun son a outro facendo oír todos os sons intermedios posibles (instrumentos), ou tamén como a execución rápida da escala cara o agudo e despois cara o grave, ou viceversa.

· Vibrato: Variación periódica da frecuencia ou amplitude dun son. No canto prodúcese espontaneamente a través dun tremor nervioso no diafragma ou larinxe.

· Melisma: Técnica de cambiar a altura dunha sílaba musical mentres é cantada.

A música dos distintos países de Asia

Neste enlace pódese ver un mapa de Asia no que se fai unha descrición breve sobre a música de cada país e soan algunhas pezas.