É certo que a música da maior parte desta zona do continente africano seguiu durante séculos as regras da música árabe, pero tamén é certo que a música desta zona, do Norte de África, abarca un amplo abanico de tradicións, dende a música do Antigo Exipto ata a música bereber (os bereberes son un grupo étnico do Norte e Oeste de África, de antes da chegada dos árabes e a súa música varía ampliamente). Nesta música destaca a música de Marrocos, a música Tuareg dos nómades do deserto (Arxelia, Burkina Faso, Níxer e Mali) e a música popular de Arxelia. Entre os xéneros populares contemporáneos destaca o Raï de Arxelia: a pesar de que non son estas as súas orixes, no contexto da protesta popular, o cantante quéixase das súas propias desgracias, acusándose a si mesmo, diríxese á súa propia facultade de discernimento (raï), que o levou a tomar malas decisións, é unha forma de revolta existencial, moitas cancións trataban sobre o amor ou sobre a bebida. Naceu sobre o 1900 en Oran e sobre o 1996 intentou ser silenciado, aínda que isto non se conseguiu. É unha mestura de estilos.
Dentro da música de Marrocos destacan dous estilos:
- Gnawa: Básase nos cánticos sagrados árabese incorpora ritmos africanos que chegaron dende Senegal, Mali e Guinea. Usa sobre todo a percusión chamada tbel (tambores), o sintir, de tres cordas e as qraqeb, unhas castañolas de metal.
- Chaabi: Música popular, transmitida pola radio, sinxela, alegre, emparentada coa cultura bereber.
A música árabe que se escoita no Norte de África usa un sistema de modos melódico chamado maqam. Cada maqam está constituído por unhas notas importantes, unha melodía determinada. Pode interpretarse cos instrumentos ou ca voz. É un sistema de improvisación.
Destacar tamén a música feita para as danzas do ventre que son propias do folclore de Oriente Medio e Exipto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario