sábado, 12 de marzo de 2011

Beethoven

Ludwig van Beethoven foi un célebre compositor alemán, que naceu en Bonn o 16 de decembro de 1770[1] e finou en Viena o 26 de marzo de 1827. Foi autor de multitude de obras entre as que destacan as nove sinfonías.

De neno medrou á sombra de Mozart, e o seu pai, músico tamén, foi quen puxo o empeño en que fose mellor ca Mozart.

A máis coñecida das súas sinfonías é a novena, tamén chamada Coral e que finaliza co coro do Himno á alegría, inspirado no escritor alemán Schiller. Hoxe utilízase como himno da Unión Europea. A Novena Sinfonía foi estreada o 7 de maio de 1824, no teatro Kaerntnerthor, de Viena

As outras obras súas máis famosas son: Para Elisa, exquisita composición breve para piano orixinalmente titulada Para Teresa mais trocada nun erro de transcrición debido á súa mala caligrafía; A Terceira Sinfonía, dedicada inicialmente a Napoleón Bonaparte, ata que rachou a súa dedicatoria cando este se coroou Emperador, e A Quinta Sinfonía, cos tres acordes máis famosos da historia.

[editar]

[editar]

No hay comentarios:

Publicar un comentario