sábado, 12 de marzo de 2011

Introdución á Música en Europa.

Cada poblo ten a súa forma peculiar de combinar elementos musicais.

  • A lingua, as entonacións, os acentos e a estrutura da súa poesía.

  • As organizacións sociais e relixiosas.

  • O entorno xeográfico, ambiental e os medios de subsistencia.

  • As emigracións, invasións ou mezclas de culturas que haxan tido, xa que a música poden transmitirse dunhas culutras a outras.

    Estes elementos foron determinantes á hora de crear o seu estilo musical.

    Europa, xeofráficamente é un continente pequeno, un apéndice de Asia. Con todo, durante séculos, foi considerado o continente máis desenvolvido e Europa foi a cabecilla do progreso técnico e culutral. A pesar do seu reducido tamaño, en comparación con outros continentes presenta unha gran diversidade cultural.

    Música en Europa:

    Un dos períodos históricos máis relevantes para a historia da música foi a Idade Media, que marcou os inicios do que chegaría a ser a música séculos máis tarde. As composicións musicais daquela época podemos clasificalas en dous grupos: música profana ou música relixiosa, ambas importantes por igual e que serían obras realizadas por instrumentos que explicarei a continuación.

    Moitos dos instrumentos utilizados no medievo pasarían á historia, e algúns outros continúan en activo nos nosos días, aínda que con diversas variacións. O gemshorn parécese á frauta dulce (a que conservou maiormente a súa forma actual). A música medieval utiliza moitos instrumentos de corda, tales como o laúde, a guitarra mourisca ou mandora, a guiterna e o salterio. O rabel, que se importou do mundo árabe, o dulcimer, instrumento similar ao salterio, ou a fídula son outros instrumentos característicos da época medieval .

    Máis tarde chegarían outros períodos musicais como o Renacemento, onde atopamos a primeira ópera conservada, "Eurídice" de Jacobo Peri.


    O Barroco, comprendido dende o ano 1600 (composición da ópera mencionada anteriormente) ata o 1750, ano da morte de Johann Sebastian Bach). Este período deu grandes músicos como Bach, Vivaldi ou Haendel, e tivo gran relevancia nel o contrapunto e o desenrrolo da armonía tonal. A finais do Barroco surxeu o estilo chamado rococó, que continúa a liña seguida no período pero moito máis adornado.


    Os anos 1750 ao 1827 comprenden o chamado clasicismo, son datas exactas pois son nas que tiveron lugar as mortes de Bach e de Beethoven respectivamente. Neste período ten lugar un pleno establecemento da tonalidade funcional, e está influenciado polos comezos da ilustración e por unha marcada imitación da antiguedade clásica. Os compositores máis destacados da época son Mozart, Beethoven nos seus comezos, e Haydn.


    Entre o ano 1797 ( data que coincide co nacemento de Schubert) e o 1874 (finalización do Anel dos Nibelungos de Wagner) apróximadamente comeza a compoñerse música romántica, que se caracteriza por un maior uso da melodía e unha armonía máis expresiva e complexa. Debido a esta maior complexidade da armonía, as composicións deixan a moderación do clasicismo para dar lugar a unha extremada expresión dos sentimentos. O iniciador de esta tendencia musical foi Beethoven, cuio traballo está a medias entre a música clásica e romántica. Dentro do romanticismo atopamos tres correntes ou períodos:
    -Primeiro romanticismo: aínda se aprecia claramente a influencia do clasicismo. Responden a el as últimas obras de Beethoven, ou as de Schubert e Mendelssohn entre outros.
    -Nacionalismo: aparecen elementos do folclore e da música popular. Os seus maiores expoñentes son Liszt e Chopin.
    -Posromanticismo: caracterízase por complexas armonías e polos sentimentos exacerbados. Foron importantes por exemplo, Bruckner e Mahler.

No hay comentarios:

Publicar un comentario