Podemos destacar dúas características de toda esta zona:
- Unha sonoridade característica procedente do uso xeralizado de instrumentos idiófonos.
- A presencia de grandes formacións instrumentais que acompañan acontecemententos populares, relixiosos e folclóricos. Tamén se utiliza como acompañamento de representacións teatrais, de danza, de teatro de sombras ou de marionetas.
A agrupación musical máis coñecida é o gamelán, o conxunto instrumental característico de Indonesia.
Instrumentos do gamelán:
- Metalófonos de láminas cravadas:
· Saron: Metalófonos de 6 ou 7 pezas de bronce que levan a melodía de base. Recibe distintos nomes dependendo da altura do son.
- Metalófonos de láminas suspendidas:
· Gender: Metalófonos con 14 láminas de cobre con tubos resonadores de bambú que ornamentan a melodía ou subliñan a melodía de base.
- Xilófonos:
· Gambang: Xilófono con láminas de madeira.
- Gongs: Son instrumentos de percusión. Os gongs nesta zona teñen unha forma característica que non teñen os de outras zonas: presentan un bulbo redondo no centro que lles permite dar una nota precisa, son instrumentos melódicos. Puntúan a melodía. Hai distintos tipos, poden estar suspendidos ou horizontais.
Gongs suspendidos:
Kenong:
Bonang:
O gamelán produce estruturas sonoras cuxo principio de organización é o da variación simultánea sobre un tema. Habitualmente non se dan concertos de gamelán, forma o acompañamento de ceremonias nos templos ou de pezas teatrais danzadas que repiten a narración de antigos mitos hindúes; do teatro de marionetas ou do teatro de sombras wayang, no que as sombras das marionetas son proxectadas nunha pantalla.
A parte que toca cada un dos músicos non é demasiado complexa, a complexidade da textura musical é a do conxunto.
Debido á improvisación e á posibilidade de facer modificacións, unha mesma peza pode existir en tantas formas como gameláns a toquen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario