Dende que hai homes sobre a Terra, existen manifestacións musicais, pois estas son consecuencias dea necesidade do home de comunicarse ou de expresar sentimentos.Incluso antes de que o home fabricara instrumentos musicais xa facía música cantando, aplaudindo ou golpeando obxetos.
As primeiras cancións fixéronse a base de moitas repeticións ou eran dun ámbito melódico moi limitado, moi achegadas ao linguaxe falado. Consérvanse restos dun certo linguaxe musical nuns xeroglíficos que indican o ascenso ou descenso do son mediante o movemento da man.
Para o home primitivo había dous sinais que evidenciaban a separación entre a vida e a morte:
Os ritos da vida e morte desarrollábanse con movemento e co son. No chamado arte prehistórico danza e canto fúndense como símbolos da vida, mentres que quietude e silencia son símbolos da morte.
O home primitivo encontraba música na natureza e na sua propia voz. Tamén aprendeu a valerse de rudimentarios obxetos (ósos, canas, troncos, conchas) para producir sons.
Flauta de caña e silbato de concha.
Na prehistoria aparece a música nos rituais de caza ou de guerra e nas festan onde, ó redor do lume, se danzaba ata o agotamento. A música estaba basada fundamentalmente en ritmos e movementos que imitan ós animais.
Os primeiros instrumentos foton obxetos, utensilios ou o mesmo corpo do home que podían producir sons. Estes instrumentos podemos clasificalos en:
a) Autófonos: Aqueles que producen sons por media da materia coa que están construídos.
b) Membranófonos: Serie de instrumentos máis sinxelos que os construídos polo home. Por exemplo tambores feitos por unha membrana tirante sobre unha noz de coco e un recipiente calquera.
c) Cordófonos: De corda, a arpa.
d) Aerófobos: O son orixínase neles, por vibracións dunha columna de aire. Un dos primeiros instrumentos foi a flauta, que nun principio estaba construida con un óso con buratos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario