jueves, 17 de marzo de 2011

A música de Xapón

A música xaponesa presenta múltiples influencias da música China, ao igual que noutros aspectos culturais. En Xapón empréganse tamén as mesmas escalas de cinco sons (escala pentatónica), e tamén son habituais as formas musicais destinadas ao teatro, ademais de que hai instrumentos comúns que comparten China e Xapón.
A principios do século XX Xapón comezou a abrirse á música occidental: isto supuxo unha decadencia (relativa) das súas tradicións. A música fíxose máis urbana e introducíronse aspectos propios da música occidental: determinados ritmos, instrumentos, esquemas melódicos... As tradicións mantéñense vivas, sobre todo grazas aos santuarios e aos templos.
As dúas manifestacións artísticas máis representativas da música xaponesa son:
- Gagaku
O Gagaku é a música ceremonial da Corte imperial e de algúns templos budistas, derivada de xéneros musicais importados de China e Corea entre os séculos IV e VIII d.C. Inclúe música puramente instrumental, música acompañada de danza e música vocal. No Gagaku podemos atopar a maior parte dos instrumentos folclóricos de Xapón. A formación básica é: dous tambores e un gong (percusión), o koto e un laúde biwa (corda), e flauta, oboe e un órgano de boca (vento).


- Música incidental (obra teatral)
A música ten unha gran importancia nos dous tipos de teatro tradicional: o Noh (relixioso) e o Kaburi (temática burlesca).

En ambas formacións teatrais empréganse recursos vocais moi característicos, como os sons de "falsete" (moi agudos e nasais) e sons graves, lonxe da "voz natural" occidental. Os actores empregan máscaras que teñen consecuencias acústicas que lle quitan realismo.
A música tamén ten un papel importante no Bunraku: o teatro de marionetas xaponés, no que se unen a arte das marionetas, a arte da recitación e a arte do shamisen.



Nese enlace fálase dos principais instrumentos e tamén se poden escoitar.


1 comentario:

  1. 8 Casinos Near Me - MapyRO
    A map showing casinos and other 안동 출장샵 gaming facilities located near you, located in Hotels near Casino at I-5: Casino at the 춘천 출장샵 Olympic Hotel: 화성 출장샵 Casino 천안 출장마사지 at the Olympic 세종특별자치 출장마사지

    ResponderEliminar