lunes, 14 de marzo de 2011

Música en Asia Central

Dentro de Asia Central podemos incluír: Kazajstán, Kirguizistán, Tadzhikistán, Turkmenistán, Uzbekistán, Afganistán, a Rexión Autónoma de Xinjianj en China e Mongolia.
Os pobos desta zona comparten certos elementos, en canto a etnias e cultura. A maioría deles son de orixe turca. Tamén se poden incluír en Asia Central, xa que comparten estes vínculos: Armenia, Azerbaixán, Xeorxia, a Rexión Autónoma de Mongolia Interior en China, algúns pobos de Siberia (Rusia) e certas rexións de Irán e Paquistán.
A tradición musical desta zona ten as súas orixes principalmente na música chamánica, a que ademais de servir para acompañar rituais tivo unha función terapéutica. Coa chegada do Islam, esta música adoptou o sistema de maqam árabe, mantendo as súas características e cualidades curativas. O maqam é un sistema melódico empregado na música árabe tradicional.
Esta tradición musical aportou varios elementos musicais, e tamén instrumentos, a diversas tradicións do Oriente, como se pode ver na china, persa e turca, entre outras.
Algúns instrumentos desta zona, que se transmitiron a outras, son violíns e laúdes.



No hay comentarios:

Publicar un comentario