domingo, 13 de marzo de 2011

A música en todo o mundo


A música utilízase en todo o mundo para acompañar a outras actividades. Por exemplo, soese relacionar en todo o mundo coa danza.
A música é un dos compoñentes principais dos servicios relixiosos, os rituales profanos, o teatro e todo tipo de entretenementos.
Na sociedade occidental de finales do século XX, por exemplo, un dos usos principais da música é a audición de concertos, de emisións pola radio ou de grabacións.Por outra parte, tamén existe música como parte dun fondo adaptable para actividades non relacionadas, como o estudo ou as compras.En todo o mundo, os músicos soen tocar para a sua propia diversión. En algunhas sociedades, non obstante, o uso privado da música formalizouse, como no caso de Suráfrica, onde algúns xéneros e estilos especiais están reservados para ser tocados polos músicos para o seu entretemento persoal.
Sen embargo, o empleo máis habitual da música é como parte do ritual relixioso.Nalgunhas sociedades tribais, a música parece servir como unha forma especial de comunicación con seres sobrenaturais. Outra función, menos obvia, da música é a integración social. Para a maioría dos grupos sociais, a música pode servir de símbolo poderoso. Os membros de moitas sociedades comparten sentimentos de pertenza a certa música. En realidade, algunhas minorías utilizan a música como un símbolo central da identidade do grupo.
A música pode servir tamén como símbolo baixo outras formas. Pode representar ideas ou eventos extramusicais ( como nos poemas sinfónicos do compositor alemán Richard Strauss)



Ou pode ilustrar ideas que se presentan verbalmente nas óperas (especialmente nas do compositor alemán Richard Wagner), no cine e nos dramas televisivos e , a miudo, nas cancións.

http://www.youtube.com/watch?v=P4r_xHVPc84&feature=related



http://www.youtube.com/watch?v=zsRLV5BKFtg


No hay comentarios:

Publicar un comentario