Se na música popular do occidente a música africana foi moi importante no seu discurso rítmico, a música africana tamén recibiu influencias dos estilos occidentais, polo que a nova música deste continente é unha mestura da súa propia tradición con influencias tanto europeas, como americanas, como de Oriente Próximo. Esta música nace nas rúas das grandes cidades.
Nesta páxina web están moitos estilos da música de África.
En África Central destaca a música congoleña, xa que esta inflúe sobre outras zonas. Esta música tivo influencias de fóra, que lle chegaron a través dos emigrantes africanos que regresaron ao seu país. Na década dos 50 e 60 adaptouse a rumba cubana dando lugar ao soukous, e nos 70 e 80 foi a música negra americana a que influíu nesta zona, sobre todo o soul.
A diferencia doutros países africanos nos que a influencia da música latina foi a máis decisiva, no Sur de África foi a música negra norteamericana a que tivo ese papel. Durante os gobernos racistas despreciouse a cultura africana e as súas tradicións musicais, tras a Segunda Guerra Mundial, os músicos traballaron a fusión entre o jazz e os estilos da zona, dando lugar a distintos novos estilos, mais só podían actuar en barrios reservados para os negros. Nesta zona destacan os coros, por exemplo: “Ladysmith Black Mambazo”, voces masculinas. É un grupo conservador (política), cando a maioría dos músicos africanos non o son e denuncian coa súa música a situación dos seus países.
No hay comentarios:
Publicar un comentario