África é un continente cunha gran diversidade étnica e cultural, composto por 52 nacións independentes, unhas mil linguas e polo menos cinco grupos culturais maioritarios. A pesar de que está situada a poucos quilómetros de Europa, nunca tan poucos quilómetros crearon tanta distancia, existindo un gran descoñecemento dos diferentes pobos, culturas, manifestacións artísticas… que se atopan neste continente.
A súa historia está marcada por feitos como a saída masiva de cidadáns como esclavos a Europa e América, e a colonización de boa parte do seu territorio dende a primeira metade do século XIX, que foi recuperando a súa independencia ao longo do século XX.
A música africana foi levada a todos os lugares do mundo, especialmente a Europa e América, en moitos casos a través dos esclavos que cantaban e improvisaban mentres traballaban. De estos contactos xurdiron estilos tan relevantes para a música actual como o blues, o jazz, o reggae, o country, a música cubana e latina en xeral, etc.
Na segunda metade do século XX, na época postcolonial, naceu a conciencia de identidade africana, valorando en igualdade as tradicións africanas e as de fóra, logrando un verdadeiro interculturalismo a partir do cal xurdiu o amplio panorama musical actual, dende as pezas máis tradicionais ata as nacidas da fusión e do intercambio.
En África a música atópase intimamente relacionada cos acontecementos cotidianos da vida dos habitantes deste continente. Por un lado está ligada ao ámbito espiritual, relixioso, ritual e máxico. Por outro lado, é música comprometida de denuncia que loita contra a marxinación, a miseria e a falta de liberdade á que se ven sometidos millóns de africanos. A música camiña paralela á vida e á historia.
“Ensináronos que a música é a arte de combinar ben os sons, algo grato para o oído. Para os africanos sen embargo, a música é a arte de cantarlle á vida" (Francis Bebey, músico camerunés)
No hay comentarios:
Publicar un comentario