Os maoríes son unha raza de etnia polinesia que vive en Nova Zelanda dende o século XI. A súa orixe exacta non se coñece. Orixinalmente eran cazadores, pero pronto aprenderon a vivir da terra. Na actualidade hai aproximadamente uns 300.000 maoríes que viven sobre todo nas cidades pero que conservan os lazos que os unen á sua tribu. Hoxe en día a música maorí principal mente é vocal. O uso de instrumentos foise perdendo baixo a influencia do cristianimos, pero nas últimas décadas estase producindo un forte movemente de reivindicación dos instrumentos tradicionais.
Os instrumentos que se utilizan son principalmente de vento e percusión. Os de vento máis comúns están construiods de madeira, óso, pedra ou conchas e caparazóns de animais. Por exemplo , o Pukaea é unha especie de trompeta feita de madeira e decorada con grabados.
Na actualidade adoptáronse varios instrumentos modernos, como a guitarra e o ukelele, na música moderna de raíz tradicional maorí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario