MÚSICA E RELIXION.
A música medieval comprende toda a música europea composta dende a Idade Media.
Nun principio, a música en xeral non foi ben recibida por parte da autoridade eclesiástica que vía nela un posible vínculo de paganismo. Para a Igrexa Católica a música tiña que contribuir a fe do home, de ahí o pouco interés pola teoría e a ciencia da mesma. Durante este periodo, a música non tiña sifnificado estético, soamente valores éticos e formativos. Así, a arte musical do medievo, constituiu un pratimonio vinculado á Igrexa e a o seu calendario litúrxico, que os conceptos " música" e " música litúrxica" resultan sinónimos. Así é cando xorden diferentes cantos eclesiásticos, entre que destaca o canto gregoriano.
O canto gregoriano é a musica relixiosa dos cristianos. O canto gregoriano obtén este nome en honor ao papa Gregorio I quen comenza a reforma litúrxica romana e tamén recopila as melodías relixiosas existentes ata entón. O canto gregoriano caracterízase por:
1- É a música oficial da Igrexa Romana
2- É un canto monódico
3- A súa letra está na lengua oficial eclesiástica: o latín
4- O ritmo non ten pulsación predeterminada, xa que os acentos rítmicos son naturais do texto.
5- Cantase á capella.
6- A súa finalidade é destacar aínda máis a oración.
7- Só poden intervir voces masculinas na súa interpretación.
Nesta época, xorderon novos oficios vinculados coa música, entre os que destacan os xograres e os trobadores.
Os xograres foron personaxes que ían de aldea en aldea, de castelo en castelo, divertindo e sorprendendo a un público analfabeto. Heredeiros dos mimos da Roma clásica e pagana, metade poetas e metade saltimbanquis, mesturan nas suas actuacións a declamación e o malabarismo, a música e a sátira, a lírica e as xestas épicas. Son os únicos transmisores da música popular non litúrxica , e en xeral ían acompañados de instrumentos prohibidos pola Igrexa a causa da súa antiga vinculación á vida pagana.
Os trobadores, pertencían a unha clase social máis elevada. Compoñían e cantaban as suas propias obras, metras que o xograr só interpreta, porque non ten coñecementos como para compoñer. Nos temas que os trobadores cantan, son moi variados: cancións de xestas, heroicas, de amor, políticas, satirícas, piadosas, fúnebres e outras moitas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario