Despois de descubrir todos estos efectos da música sobre as persoas, podemos profundizar na ciencia que utiliza estes e outros coñecementos musicais para usos terapéuticos, a musicoterapia.
Orixes:
Foi na antiga Grecia cando Pitágoras, Platón e Aristóteles comezaron a plantearse os efectos musicais. Este último foi o creador da teoria Ethos, que dicía que a música e os seres humanos estaban intimamente conectados, e que podía influir no estado de ánimo e no carácter.
Idade Media:
Desta época son San Basilio e Severino Boecio que seguiron investigando a teoría de Platón que afirmaba que a música podía dar placer ou sedar. Polo tanto considerábana un medio perfecto na educación. Boecio chegou incluso a recoñecer tres tipos de música:
- Música mundana: é aquela presente no universo e nos seus elementos.
-Música instrumental
-Música humana: que a que se leva por dentro e se fai co propio corpo.
Renacemento e barroco:
Durante estas épocas publicáronse diversas obras que iban ampliando coñecementos aos descubrimentos e teorías pasadas. un exemplo foi a "teoría dos afectos" que procedía da tería Ethos pero máis avanzada e que deu lugar á ópera.
No barroco tamén destacou Robert Burton que foi un médico inlés que escribíu no 1632 “The anatomy of melancoly ” onde se falaba dos efectos curativos da música.
Séculos XVIII, XIX:
Séguense investigando os efectos da música, pero dende un punto máis científico. Son moitos os nomes de médicos destacados desta época, e en conxunto seguiron descubrindo novas utilidades na medicina, excepto para a epilepsia onde dicían que estaba contraindicada. Francisco Vidal Careta foi o español máis coñecido pola súa tese: " La música y sus relaciones con la medicina" onde propoñía cousas como montar orquestas nos manicomios.
Século XX:
É nesta época cando se aplica, sobre todo, o método experimental. Contratábanse músicos para tocar en hospitais e así poder ir analizando as melloras nos pacientes. Nesta época destacan Emile Jacques Dalcroze e Karl Orff. Tamén se empezan a crear asociacións como “Society for music therapy and remedia music”, que na actualidade se chama “British Society for Music therapy”. Depois desta creáronse outras como a "Asociación española de musicoterapia".
Século XXI
Actualmente esta éunha ciencia recoñecida e empleada a nivel mundial. Concretamente en España hospitais e clínicas como La Paz de Madrid estana utilizando con resultados moi satisfactorios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario