sábado, 12 de febrero de 2011

Infartos cerebrais e música

Unha nova do periódico El Mundo de marzo do 2009 descubría o estudo realizado, entre outros, por María Jesús Funes da Universidade de Granada. Despois de experimentar con 3 pacentes que sufriran un infarto cerebral e que perderan a visión no lado esquerdo, chegaron á conclusión de que a música creaba tal sentimento de optimismo, que podían mellorala. As súas cancións favoritas conseguían activar as rexións cerebrais que estaban relacionadas coas emocións positivas e tamén eran capaces de reactivar zonas moi próximas a onde se orixinou o infarto.
Outras investigacións realizadas en Finlandia con 60 persoas que tamén sufriran un ictus demostraron que escoitar un par de horas diarias a súa música preferida melloraba a sua atención e as puntuacións en probas de escalas verbais e diminuía a súa depresión e confusión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario