jueves, 3 de febrero de 2011

Características e instrumentos musicais e como nos afectan:

O tempo:
Os tempos lentos entre 60 e 80 pulsacións por minuto (o latezo dun corazón en repouso) orixinan:
-Tranquilidade
- Sentimentalismo
-Tenrura
Os máis rápidos, de 100 a 150 pulsacións dan lugar a :
-Alegría
-Excitación

O ritmo
Os ritmos máis lentos producen:
-Paz
-Serenidade
-Calma
-Tristeza

Os ritmos máis rápidos dan lugar a:
-Alegría
-Excitación
-Activación motora
- Necesidade de exteriorizar sentimentos

Armonía:
Os acordes consonantes asocianse ao equilibrio, repouso e tranquilidade.
Os disonantes á inquietude, preocupación ou axitación.

Altura das notas:
As notas máis altas actúan sobre o sistema nervioso, o estado de alerta e o aumento de reflexos no receptor.
As notas máis baixas adoitan producir tranquilidade.

Intensidade:
A intensidade dunha peza dependerá en gran medida do que provoque, e dicir, se os demáis elementos fan que sexa tranquilizante a súa intensidade non debe ser moi alta para que non moleste.

Instrumentos:
Corda: son instrumentos máis penetrantes e expresivos.
Vento: son máis alegres e vivos. Recoméndase escoitar composicións onde soan para mellorar o estado de ánimo.
Percusión: incitan á diversión e o movemento

No hay comentarios:

Publicar un comentario