sábado, 5 de febrero de 2011

A dopamina e a música

Que é?
A dopamina e unha neurohormona producida polo hipotálamo. Relaciónase coas actividades motrices, as emocións (sobre todo motivación e adicción) e as sensacións de placer. Poderíase dicir que forma parte do "sistema de recompensa" dos seres humanos. O mal funcionamento dela, produce certos problemas de psicosis.

Como se ralaciona coa música?
Un estudo realizado pola Universidade McGill de Montreal, Canada descubríu que esta substancia tamén se pode liberar cando escoitamos unha peza. A sensación que nos produce escoitar unha canción que había tempo que non oiamos, ir a un bo concerto ou incluso cando o cerebro se anticipa o que vai a soar está regulada pola dopamina. Durante o estudo, alguns dos voluntarios ata sufrían calafríos. Valorie Salimpoor, un dos neurocientíficos responsables do estudo, chegou a dicir que "este sentimento de plenitude que experimentamos por esta substancia e o motivo de que a música exista dende hai tanto tempo".

Como podemos ver, está cientificamente demostrado que a música afecta ás persoas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario