Música para un feto:
O feto dentro do útero percibe os latexados cardíacos e os movementos respiratorios maternos e estes son para el os seus parámetros de benestar. Polo tanto, dise que as embarazadas que diariamente dedican un tempo para relaxarse escoitando música, poden axudar aos seus bebés a sentirse máis acougados e felices. A música que o bebé, escoite durante o embarazo e incluso despois do nacemento, ten un efecto de harmonía e paz dentro del. Segundo o doutor Martínez, a música debe ser suave e sen grandes variacións de volume nin de ritmos. A música clásica e en especial o piano, son moi útiles para relaxarse. Tamén é adecuada a específica para relaxación que inclúe sons naturais como o das ondas. Investigacións realizadas por un grupo de psicólogos ingleses demostraron que os bebés recordan as melodías que escoitaron dentro do ventre materno. Segundo informes da doutora Alexandra Lamont, da Universidade de Leicester, os bebés, durante o primeiro ano de vida, poden recordar e preferir a música que oíron durante a súa xestación.Música para un bebe:
A música ten un papel fundamental no desarrollo do bebé non só os relaxa e os axuda a dormir, senon que tamén se demostrou que a exposición a certas melodías ( como a música clasica, música cristiana e cancions de música latina romantica) mellora o coñecemento auditivo, intelectual u emocional, regula os ritmos naturais do corpo, promove o desarrollo da memoria e reduce o estrés de maneira significativa. Os bebés son máis sensibles á música do que os adultos. Ademais, a música fai que os bebés sexan moi tranquilos, serenos e os pais poidan gozar desta actividade con eles. A partir do primeiro ano de idade os nenos teñen maior preferencia pola música viva e rápida como "As catro estacións", de Vivaldi o Mozart.
No hay comentarios:
Publicar un comentario