sábado, 15 de enero de 2011

Grandes voces do jazz

ELLA FITZGERALD
Ella Fitzgerald está consderada por moitos a cantante de Jazz máis importante.
O seu repertorio musical é amplísimo e inclúe blues,swing,bossa nova,calypso,cancións navideñas,pop etc...
Estaba dotada dunha voz cun rango vocal de tres oitavas,destacando a súa clara e precisa vocalización e a súa capacidade de improvisación,sobre todo no scat(técnica que desenrolou nos anos corenta e que anunciaron o nacemento do bop)

http://www.youtube.com/watch?v=2XggjVo3j-o&feature=fvst
http://www.youtube.com/watch?v=97p6gQnlO5Y


BILLIE HOLIDAY
Billie Holiday tamén está considerada por moitos como a voz femenina do jazz máis importante.
O valor artístico de Billie Holiday reside na súa capacidade interpretativa,dominio do swing e adaptación das súas cualidades vocais ó contido da canción.
Billie Holiday transmite a súas cancións unha intensidade inigualable que,en moitos casos,é froito das súas vivencias persoais.

http://www.youtube.com/watch?v=h4ZyuULy9zs

SARAH VAUGHAN
Tamén chamada Sassy ou A Divina está considerada por moitos como unha das voces femeninas máis grandes do jazz xunto a Billie Holiday e Ella Fitzgerald.
A voz de Vaughan caracterízase pola súa tonalidade grave e control do vibrato.
A súa tesitura é similar a dunha cantante de ópera,permitíalle saltar do rexistro grave ó soprano con gran facilidade.
Foi un dos primeiros vocalistas en incorporar o fraseo do be-bop ao seu canto.
As súas capacidades máis destacadas son a inventiva armónica e o seu alto sentido de improvisación.
Ao longo dos anos,a súa voz foise volvendo máis escura,pero nunca chegou a perder o seu poder e a súa flexibilidade.
Foi tamén unha maestra no scat(improvisación vocal do jazz)

http://www.youtube.com/watch?v=8m1X6y9Gzhs
http://www.youtube.com/watch?v=TA5wLJpD-ns

No hay comentarios:

Publicar un comentario