Podemos facer dous grupos en canto as manifestacións musicais:
- A música relixiosa: Durante moito tempo foi o antigo canto de himnos e textos do Veda (libro sagrado do hinduismo). Esta era unha música vocal e monofónica.
- A música profana: Despois da invasión musulmana fíxose unha división cultural:
· Música islámica-hindú, música indostánica (no Norte): Música con bastante liberdade na forma e no estilo, caracterizada pola súa elegancia e ornamentación.
· Música fiel á tradición (no Sur), música carnática: Música cunha estrutura ríxida e dende o punto de vista métrico máis austera (fixa e sinxela).

ESTILO MUSICAL
Ambas tendencias teñen a mesma base do estilo musical.
- O sistema musical hindú emprega unha escala de sete sons, separados por unha distancia aproximada de un cuarto de tono. É complicado transcribir as melodías co sistema de notación occidental. Na música india non existe un repertorio escrito, a notación é un recordatorio: a transmisión musical e basicamente oral. Úsanse instrumentos cun son moi flexible.
- A melodía organízase a partir de ragas. Unha raga é un esquema melódico de improvisación, basado nunha colección dada de notas (5-9) e patróns rítmicos característicos. A tónica tócase constantemente e hai tamén outra nota predominante, que destaca sobre as demais. Nas ragas (10 minutos-2 horas) o ritmo vai acelerando progresivamente. Hai ragas para os distintos momentos do día e estados de ánimo, para certos acontecementos... En total consérvanse 162, aunque moitas case non se empregan.
- O sistema rítmico das ragas chámase tala. A música hindú neste aspecto é unhas das máis complexas do planeta. Existen talas con rango de dende 3 golpes nun ciclo ata 108. Teñen unha maneira de solfear os ritmos semellante á das melodías, polo que os músicos memorizan facilmente pasaxes rítmicos moi complexos.
- O pedal é un son (ou máis) mantido, que actúa de guía para toda a obra.
- A improvisación é unha parte esencial da música india: a partir dunha raga, dunha tala e dun pedal, o músico crea o resto, seguindo determinadas regras.
O sistema de aprendizaxe na India chámase guru-shishya-parampara.
Este sistema clásico é o máis importante, dende o punto de vista artístico, de todas as tradicións musicais de Oriente que sobreviviron.
INSTRUMENTOS
Aquí podes ver e escoitar os principais instrumentos da zona da India.
Algúns vídeos para escoitar o son dalgúns instrumentos:
Neste vídeo pódese ver a Ravi Shankar, un músico moi importante que deu a coñecer o sitar (instrumento de corda indio, o máis coñecido). No mundo occidental coñeceuse gracias aos Beatles.
Ghatam.
Bansuri.
No hay comentarios:
Publicar un comentario