A denominada música Klezmer ( signidica instrumento melódico) refírese ao estilo que se interpretaba xeralmente ao clarinete ou ao violín polos xudeus que se asentaron nas distintas zonas cercanas a Polonia, Rusia, Alemania e Ucrania, que se utilizaba sobre todo nas ceremonias nas que a vida dunha persoa pasaba a un novo estado, como vodas ou rituais de maioría de idade.
As pezas musicais son de autor anónimo e ata fai moi pouco non se transcribiran a partitura, polo que hai moitísimas versións do mesmo tema que varían según a zona , a época e o gusto do músico.
Antigamente, os músicos que chegaban para tocar nestas celebracións eran músicos ambulantes. O curioso deste tipo de música e que nalgúns momentos, vai " en contra" da mentalidade occidental. No mundo occidental consíderase o modo menor como triste, mentres que na música Klezmer nalgúns tipos de melodías, o modo menor utilízase para tocar melodías de festa.
Na música Klezmer, ao contrario do que sucede noutros estilos, non é tan importante QUÉ se toca, senón COMO. A improvisación é unha condición sen a cal é imposible o afloramento da alma xudía. A constancia rítmica e o pulso marcado diferencian a música de celebracións da música litúrxica, na que o paso do tempo sempre vai marcado polos símbolos de canto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario