domingo, 30 de enero de 2011

Psicoloxia da música



É a ciencia que estuda e investiga os efectos da música no ser humano. Iniciouse a comezos do século XX e dende aquela os métodos e obxectivos foron variando. Esta disciplina encargase de temas como a conducta, certos trastornos, os gustos, análisis dos elementos musicais ou a aprendizaxe mediante a música.



Música e estados de ánimo:


Escollemos nos a música segundo nos atopemos ou é ela quen o determina?

Xa dende a época dos gregos se descubríu o efecto dela sobre as persoas. Dicían que se podía aliviar aos deprimidos e calmar os violentos, coma un medicamento máis. Poderíamos dicir que ese foi o inicio da musicoterapia.
Pero esto tamén o podemos trasladar á vida cotidiana: quen non se anima cando entra nunha discoteca? Quen non se emociona coa música dun funeral? Os diferentes estilos, os instrumentos utilizados ou as letras das cancións poden facer que nos sintamos dunha forma determinada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario